
Sobre Las Fitipaldis
Por qué eliximos o deporte?
O tema elixido para elaborar todos os recursos, foi principalmente o deporte. É moita a xente que pensa que os estudantes acuden á escola soamente para cursar materias tales como lingua galega, lingua castelá, matemáticas, ciencias sociais… Pero, por que cando se trata de educación física sempre pensan que é unha materia destinada a que pasen un tempo divertíndose sen ter en conta o que aporta?
Obviamente, toda adquisición de coñecemento debe ser divertido, os nenos deben disfrutar da aprendizaxe. Escollendo este tema queremos facer ver que a actividade física nos nenos que se están desenvolvendo e crecendo é tan importante como aprender a distinguir as clases de palabras ou aprender a sumar e a multiplicar entre outras cousas.
Cómpre salientar a importancia que supón o exercicio físico na vida de todas as persoas, incluídos os nenos e nenas. A actividade física axuda a manter a saúde e prever de moitas enfermidades. Ademais, co exercicio os nenos poden lograr unha mellor coordinación, equilibrio, esforzo... e aumentar os niveis de enerxía, que permitirá que se sintan máis activos durante o día e aumenten a súa capacidade de concentración en moitos casos.
Por qué optamos por unha páxina Web?
Eliximos unha páxina web para presentar o noso proxecto final debido a unha serie de razóns. En primeiro lugar, consideramos que unha páxina web é un recurso moi accesible para os nenos e nenas xa que poden acceder a ela en calquera momento e dende calquera lugar, tanto dende a escola, como dende a casa. Outros dos motivos polos cales eliximos este recurso é a estrutura coa que conta unha páxina web, onde os contidos aparecen secuenciados de maneira que se poden ir accedendo a eles por orde, mediante unha barra na cal figuran ordenados estes contidos e a cal permite o acceso a cada sección da web. Por outro lado, a facilidade de actualización dunha web, pódense engadir contidos de maneira sinxela e con continuidade, que permitirán o acceso a outros espazos web.
Inicialmente, outra das opcións que tivemos en conta para a realización do noso proxecto final foi a idea do e-book, pero considermos que ten máis sinxeleza a creación dunha web e é máis interactiva que o e-book, dende o noso punto de vista.
O noso blog
Se queres obter información máis detallada dos nosos recursos visita o noso blog.

