top of page

Actividades interactivas

Niños jugando al aire libre

Qué actividades temos?

A continuación tedes o noso índice!

Esta tarefa consta de nove actividades interactivas, deseñadas entre as tres integrantes do grupo. A través de diversos xogos, os nenos e nenas poden aprender máis sobre o deporte. É unha actividade moi divertida, aprender xogando.

Coñece máis nas seguintes páxinas!

O noso índice

Entre en acción

1. MARÍA FAÍLDE BLANCO:

“Os animais tamén fan deporte”.

“Canto sabes sobre os deportes?”.

“Sopa de letras sobre deportes”.

2. BELÉN FERNÁNDEZ REY:

“Que deporte practico?”

“Relaciona deportes”

“Ruleta dos deportes”


3. YANIRA FERNÁNDEZ SOBRINO:

“Con que vai cada palabra?”

“Adiviña adiviñanza!”

“Crebacabezas de deporte.”

Carpetas de archivo blanco
Playing%20with%20Animals_edited.jpg

Primeira actividade

“Os animais tamén fan deporte”.  

Nesta actividade interactiva, hai que encher coas palabras que aparecen ao lado do texto os espazos en branco do texto sobre que deportes practican os animais. Contas con  dous intentos por palabra e en caso de que queras cambiar unha opción elexida deberás clickar na palabra colocada  para que esta se borre e así  podas elexir unha nova resposta. Sorte!

Segunda actividade

“Canto sabes sobre os deportes?”

Esta actividade consiste nun pequeno test de 10 preguntas para poñer a proba canto coñeces sobre os deportes en xeral. Realizaráchese unha pregunta, en cada apartado e deberás contestala elixindo unha das opcións de resposta que aparecen debaixo.
Sorte!

Basketball Match
Teclado

Terceira actividade

 “Sopa de letras sobre deportes”.

Este xogo interactivo consiste na búsqueda de 10  palabras relacionadas coa temática do deporte  que se atopan agochadas entre un mar de letras aleatorias. Ao lado da sopa de  letras aparecen o número de palabras cos espazos pertencentes ás letras de cada palabra que serán unha pequena axuda á hora de encontrar as palabras.

Sorte!

Cuarta actividade

 Que deporte practico?

Trátase dunha actividade na que o alumando debe colocar as letras que aparecen no cadro e así decubrir que palabra se agocha .Para iso contará coa axuda dunha pequena descrición da palabra.

AEnB2UrPEB7fbsSkGtOXXLJ2obTIatkpoW0JytwF4uQ-Ka7-k3DzAuRWB-LOOwYqgRgvCXvaFPnqG08xgTfgMFsC1Fs5mr9tpw_e
Image by Ilnur Kalimullin

Quinta actividade

"Relaciona deportes"

Trátase dunha actividade na que os nenos e nenas terán que seleccionar os deportes que pertencen a unha mesma categoría. Neste caso os agrupamentos foron feitos en relación ao terreo no que se practicaba o deporte.

Sexta actividade

"Ruleta dos deportes"

Nesta actividade o alumnado deberá ir acertando as palabras a través da descrición que se lle ofrece. As palabras irán por orde alfabético, ao acertar unha pasará á seguinte.

Girl's Softball Team
Los niños corriendo

Séptima actividade

“Con que vai cada palabra?”

Trátase dunha actividade na que o alumnado deberá relacionar unha columna chea de diferentes definicións, tanto técnicas de diversos deportes, materiais imprescindibles como definicións propias dun deporte coa columna contraria na que estarán os nomes.

Octava actividade

“Adiviña adiviñanza!”

Trátase dun xogo no que detrás dun conxunto de cadros laranxas agóchase unha imaxe dun deportista realizando un deporte. Neste xogo tes a oportunidade de pedir pistas que te axudarán a poder resolvelo. A medida que vaias pedindo máis pistas, máis cadrados desaparecerán da imaxe e pouco a pouco poderás visualizala moito mellor.

Niños meditando
Niños durante la lección de educación fí

Novena actividade

 “Crebacabezas de deportes”

Este xogo interactivo trátase dun mítico crebacabezas, é un pasatempo que consiste en encher con letras as casillas en branco, que leídas horizontal ou verticalmente formen palabras. Para elo ofreceranse diversas definicións relacionadas todas elas coa actividade física e materiais utilizados nalgún deporte.

Actividades interactivas: Actividades

©2020 por Mi Sitio. Creada con Wix.com

bottom of page